Por Chantada pide máis investimentos para mellorar as festas patronais e frear os recortes de persoal na Escola Infantil

RibeiraSacraXa
Ademáis, presentarán no pleno unha moción para pedir que se cumpran os acordos adoptados
Antom-Fente-Por-Chantada
Antom Fente
4 Aug 2025

O Grupo municipal Por Chantada-Interior Galego Vivo leva ao vindeiro Pleno unha moción para pedir que se cumpran os acordos adoptados, así como para instar ao Goberno municipal a mellorar as celebración das festas patronais e outra para exixir á Consellería de Política Social que manteña a dotación na Galiña Azul que, advirten, está en risco de perder unha praza.

En canto ao cumprimento dos acordos plenarios, a agrupación pon o foco, nomeadamente, en numerosas mocións que levou ao pleno e que foron aprobadas por unanimidade sen ter constancia de que, en todo ou en parte, se levaran a cabo xestións para facer efectivos os seus contidos.

O voceiro, Antom Fente, denuncia que “é inxente o traballo desenvolvido polas concellarías de Por Chantada; só neste mandato presentamos 24 mociós, todas elas moi traballadas e nunca xenéricas, e se non conseguimos que se leven a efeito nen as que saen aprobadas por unanimidade (nove), as nosas concellarías quedan completamente anuladas”.

En canto a celebracións das festas patronais, dende a agrupació lembran que non é a primeira vez que instan ao concello a introducir cambios para a mellora da seguridade e para que as festas sexan, din-, para toda a veciñanza.

Así, inciden en que se poña un especial rigor nas exixencias de seguridade ás atraccións e no cumprimento da prohibición legal de imaxes sexistas ou en que se teña en conta na localización das atraccións, orquestras ou calquera outro potencial emisor de ruído, o dereito ao descanso da veciñanza, con especial sensibilidade e respecto ás zonas onde se concentra de forma específica un número elevado de persoas vulnerábeis, como é a residencia de maiores. Tamén piden que durante todos os días das festas patronais de Chantada haxa dúas horas ao día de atraccións sen música nin luces, para facilitar que poidan ser desfrutadas por todas as persoas e, nomeadamente, polas que padecen calquera tipo de hipersensibilidade sensorial e mais tamén polas súas familias.

Por último, denuncian que nestes días de coñeceuse que a Xunta de Galicia pretende deixar á Galiña Azul de Chantada, que ten todas as aulas completas e listaxe de agarda en todos os treitos de idade, sen unha das prazas que estaba cuberta de feito ao non tela incluído na RPT. Así, denuncian que a escola quedaría con déficit de persoal no mes máis crítico do ano, que é setembro, o que consideran “un ataque máis da Xunta de Galicia aos servizos públicos máis básicos da nosa vila”.

⚙ Configurar cookies
0.18230199813843