Por Chantada pide á Deputación de Lugo que arranxe unha ponte na estrada LU-6001
Por Chantada-Cup alertou por rexistro á Deputación de Lugo do risco de colapso da ponte situada na parroquia de Adá, na estrada LU-6001 que vai de Taboada a Chantada.
Así, explicaron no seu escrito que debería avaliarse o dano da estrutura, sinalizar e fechar ao tránsito, así como arranxar "con urxencia" esta ponte, xa que, argumentan, "é unha estrutura fundamental para o inminente ensilado na zona, pois existen poucas alternativas de paso".
Por outra parte, explican que "por agora ten amaño e sería unha mágoa perder unha parte xa do patrimonio común dos chantadeses".
Aproveitaron o escrito para reiterar a demanda de arranxo de varias estradas que son da titularidade do organismo provincial: LU-P-1801, LU-P-1002, LU-P-1805, LU-P-1806, LU-P-1807, LU-P-1809, LU-P-1815 (urxentísima), LU-P-1816 e LU-P-1817.