Por Chantada logra a aprobación da ampliación da curva do Seixo

RibeiraSacraXa
A medida contempla a mellora desta infraestrutura, ampliándoa e urbanizando a beirarrúa para que o tránsito peonil teña as debidas condicións de seguridade
curva-do-Seixo-na-LU-P-1807-Chantada
Curva do Seixo na LU-P-1807
30 Out 2024

No último pleno, correspondente ao 10 de outubro, desde Por Chantada - Interior Galego Vivo defenderon unha moción para que a Corporación apoiase ás familias do CEIP Eloísa Rivadulla e as demandas da AMPA para desdobrar terceiro de primaria.

No mesmo documento, Por Chantada pretendía que á anterior reivindicación se sumara tamén a do aumento de horas para orientación e pedagoxía terapéutica (PT) no conxunto dos centros de Educación Infantil e Primaria da Ribeira Sacra, entendendo que “a precarización no sistema educativo afecta de xeito moi especial ao interior galego e, por tanto, ao xeodestino ‘Ribeira Sacra’, polo que a unión das alcaldías da zona nunha fronte común en defensa de máis medios materiais e humanos no ensino rural, así como dun Plan específico de ensino para o rural galego que contemple, entre outras medidas, un aumento do persoal de atención á diversidade ou especialistas en saúde mental para as faixas etarias que fican excluídas dos servizos de atención temperá”, sería, en palabras de Antón Fente, unha obriga tanto ou máis urxente que as relacionadas co turismo da zona.

O concelleiro asegura sentirse “decepcionado” porque a maioría absoluta do grupo popular impedira novamente que saíra adiante a moción, “poñendo por diante as siglas do partido aos intereses da veciñanza algo que comeza a ser demasiado habitual no PP”.

Ampliación da curva do Seixo

O que si saíu adiante foi que se aprobase por unanimidade a moción sobre a ampliación da curva do Seixo na LU-P-1807, na que propoñían a mellora desa concreta infraestrutura, ampliándoa e urbanizando a beirarrúa para que o tránsito peonil teña as debidas condicións de seguridade, e cominando á Deputación a que se faga cargo do debido mantemento das estradas da súa titularidade.

Porén, Por Chantada “tivemos que renunciar ao derradeiro punto da mesma, onde propoñiamos continuar a urbanización da zona e a súa integración na malla urbanística coa adquisición de dúas fincas entre a Pontenova e Zaquín para zonas verdes e aparcadoiro disuasorio, e que non contou co apoio do resto da Corporación, xa que hai outras prioridades para o PP”.

“Agardamos que este acordo dos tres grupos con representación na Corporación permita poñer fin ao abandono das estradas titularidade da Deputación de Lugo no

0.18738412857056