Por Chantada leva a pleno unha moción para que o municipio forme parte dos concellos emprendedores

RibeiraSacraXa
Por Chantada levou ao pleno do Concello unha moción para que Chantada entrase a formar parte dos concellos emprendores da Galicia, "cuestión que podería axudar a reforzar a estrutura económica e a captación de I+D+I", explican.
poligono_dos_acrivros
5 Feb 2024

Por Chantada levou ao pleno do Concello unha moción para que Chantada entrase a formar parte dos concellos emprendores da Galicia, "cuestión que podería axudar a reforzar a estrutura económica e a captación de I+D+I", explican. Porén, segundo destacan dende a formación, “o sectarismo do PP levouno a votar en contra da moción, aínda cando se trata dunha iniciativa da Xunta do PP”.

Por Chantada recorda que , coa Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica da Galicia; regúlase a iniciativa galega de concellos emprendedores “co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais con simplificación das barreiras normativas e administrativa”.

Así, trátase dunha iniciativa da Xunta que se desenvolve desde o 2017 en colaboración coa FEGAMP. Para adherirse, os concellos deben comprometerse a proporcionarlles ás empresas e ás persoas emprendedoras incentivos fiscais con bonificacións de ata o 95 % do IBI, IAE e ICIO, concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñan da documentación completa e todos os informes sectoriais preceptivos e facilidades de acceso ao solo industrial con bonificacións e incorporación do direito de superficie.

Ademais, os concellos adheridos son discriminados positivamente pola Xunta na concesión de axudas que se convocan en réxime de concorrencia competitiva a favor das empresas, autónomos ou entidades sen ánimo de lucro, nas axudas destinadas á implantación e ao funcionamento das iniciativas empresariais. “É dicir, beneficiaríanse as empresas e o Concello, mais o alcalde e o PP fían todo a un proxecto da Ribeira Sacra que non é incompatible con isto nin é aínda unha realidade”.

De feito, a formación política sinala que na provincia de Lugo hai 24 concellos adheridos, que tamén obteñen ventaxes e sinerxias cos fundos europeos, algúns como Antas de Ulla, O Saviñao, Monterroso, Monforte de Lemos ou Taboada. “Concellos de diferentes cores, mais que entenden a importancia de facer o mellor polas súas parroquias”.

0.20621204376221