Por Chantada esixe ao Concello que informe públicamente sobre a potabilidade da fonte da Ponte do Convento

RibeiraSacraXa
Alertan de que non é a primeira vez que hai dúbidas sobre a potabilidade da auga e denuncian que “as analíticas e os informes nunca se fan públicos”
fonde-a-ponte-chantada
Fonte da Ponte
12 Jun 2025

Por Chantada – Interior Galego Vivo denuncia a falta de transparencia por parte do goberno municipal tras o precintado, hai xa varios días, da fonte do lugar da Ponte, na parroquia do Convento. Segundo indican, o Concello aínda non emitiu ningún bando oficial nin publicou información ao respecto nas súas redes sociais, limitándose, segundo critican, a usar estes canais unicamente para "facer continuamente propaganda".

A formación sinala que o precintado da fonte non cumpre os mínimos requisitos de rigor, xa que se colocou unicamente unha cinta e un folio cunha mensaxe que dicía: “Recomendado non coller auga mentres non se quite o precinto". Isto, din, “non aclara nada sobre a súa potabilidade para o consumo humano”.

Desde a agrupación lembran que non é a primeira vez que se expresan dúbidas sobre a calidade da auga desta fonte, especialmente en determinadas épocas do ano. Con todo, lamentan que nunca se fixeran públicas análises nin informes que permitisen avaliar a situación e adoptar medidas, o que consideran unha mostra máis da "incapacidade do PP" para xestionar adecuadamente asuntos básicos.

Por Chantada conclúe que se mantén un goberno municipal "neglixente que non ñe capaz de facer ben as cuestións máis básicas”.

⚙ Configurar cookies
0.16951704025269