Por Chantada denuncia que a RTP do goberno local é "discriminatoria"

RibeiraSacraXa
Por Chantada denuncia que a RTP do goberno local é "discriminatoria" e que non se sentou a falar cos traballadores
Por Chantada
5 Apr 2023

Por Chantada considera que a relación de postos de traballo (RPT) aprobada polo goberno municipal afonda nas discriminacións e, segundo os concelleiros Antom Fente e Cruz Fernández "era difícil facelo peor e os cortas e pegas cos que contestan as nosas alegacións xustifican até ficar por baixo do SMI na autoorganización municipal, como se esta fose un valor absoluto".

Explican que "en vez de negociación colectiva, houbo negociación privativa, e en vez de corrixir desigualdades, erros nas funcións..., afondouse nos problemas que xa había", afirmou Antom Fente.

Así, denuncian que non se sentou coas traballadoras e traballadores para escoitalos e a partir de aí elaborar unha RPT con funcións axustadas ao realmente existente e equidade salarial. Ao contrario, esta RPT valora os traballadores en función dos centímetros de distancia que hai ao gabinete do alcalde".

Na sesión plenaria, Por Chantada lembroulle ao PP que puideron facer a RPT a custo cero coa Deputación de Lugo, mais negáronse porque así "non podían mangonear e facela á súa medida como si fixeron coa empresa".

0.12785696983337