Por Chantada-CUP solicita ao Concello que se adapte á normativa de circulación

RibeiraSacraXa
Por Chantada-CUP denuncia que o Concello de Chantada aínda non modificara a ordenanza de circulación, nin sinalara as estradas.
sinal chantada
12 Maio 2021

O pasado 11 de maio entrou en vigor o novo límite de velocidade en todas as vías urbanas. O novo Regulamento de circulación foi aprobado o 10 de novembro concedendo 6 meses para a súa entrada en vigor, para facilitar que os gobernos municipais tiveran tempo suficiente "para adaptar a sinalización e/ou infraestrutura".

Por esta razón, dende Por Chantada-CUP denuncian que "o Concello de Chantada aínda non modificara a ordenanza de circulación e non procedera a sinalizar correctamente as vías, entre outras". Así mesmo, tamén recorda como será a velocidade dentro do casco urbano "a 20kms/h en vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa, como por exemplo, rúa do Parque, rúa da Barxela, praza de Santa Ana ou praza da Galiza; e a 30 kms/h en vías dun único carril por sentido de circulación, é dicir, en todas as rúas do núcleo urbano de Chantada, a excepción das que estean na situación anterior".

Así pois, dende Por Chantada-CUP solicitan que o Concello de Chantada se adapte á nova normativa axudando a condutores e peóns nas medidas de seguranza viaria, na modificación da ordenanza municipal, nas medidas de restrición e racionalización do tránsito e nas medidas para reducir a perigosidade en áreas especialmente sensíbeis como na contorna dos centros escolares ou no entorno da residencia de maiores.

0.13777089118958