Por Chantada convoca unha asemblea aberta á veciñanza para tratar diferentes temas de cara ás eleccións

RibeiraSacraXa
Por Chantada convoca unha asemblea aberta á veciñanza para tratar diferentes temas de cara ás eleccións e repasará o traballo do grupo
Asemblea Por Chantada
Asemblea Por Chantada
12 Feb 2023

Por Chantada - Interior Galego Vivo celebra esta tarde ás 18.00 horas unha asemblea aberta á veciñanza.

A reunión terá lugar no Círculo Recreativo Cultural (Casino), onde se dará conta de diferentes asuntos, como a conta xeral de 2022 ou o traballo do grupo municipal, nomeadamente de Cruz Fernández e Antom Fente.

Ademais e sobre todo, nesta asemblea tomaranse decisións e debatirase sobre propostas programáticas para os comicios municipais de 2023, explican.

Asemblea Por Chantada
0.091670036315918