Por Chantada acusa ao goberno local de "destruír carpintarías centenarias no casco da vila"
Por Chantada vén de demandar á Dirección Xeral de Patrimomonio que actúe e evite que o Concello de Chantada destrúa carpintarías centenarias de "indiscutible valor patromonial en pleno casco histórico da vila".
Así, apuntan a que no número 6 da rúa Formoso Lamas estase rehabilitando un edificio "sen aproveitar as carpintarías tradicionais, o que entendemos que é unha aberración e non se comprende como o proxecto non tivo en conta este feito", sosteñen.
Da mesma maneira, prosiguen que "a coñecida Casa do Cochero conta cunhas carpintarías de alto valor, con vigas, portas e armazón da cuberta de grande antigüidade que mostra o bon facer dos nosos devanceiros artesáns. Unha mágoa que as institucións que tanto piden aos particulares sexan as primeiras en destruír o patrimonio común en vez de daren exemplo", sentencian.