Póñense en marcha cursos de atención sociosanitaria a persoas dependentes en Monforte

RibeiraSacraXa
A Cruz Vermella está a organizar cursos de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais.
maiores man terceira idade coidados
14 Dec 2023

A Cruz Vermella está a organizar cursos de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais. A programación levarase a cabo dende o 22 de xaneiro ata o día 29 de maio.

Trátase dunha serie de propostas dunha duración de 468 horas lectivas e 80 horas prácticas. O horario será de luns a venres de 15.00 a 20.00 horas. Para poder participar na actividade é necesaria acreditar título de Educación Secundaria Obrigatoria ou ter as competencias clave de nivel 2 de matemáticas, lingua castelá e lingua galega.

No caso de ser desempregados, teñen que estar inscritos no Servizo Público de emprego como demandandates e solicitar na súa oficina participar no curso.

0.1070761680603