Polas Bravas irmandase co Festival de Cans coa proxección de curtas no Auditorio Municipal de Chantada

RibeiraSacraXa
Será este sábado e incluirá a proxección da curta de presentación do Festival de Cans, titulada ‘Agro Glamour XXI’, así como dúas pezas con perspectiva feminista e un posterior coloquio
polamiuda-cans
9 Apr 2026

A asociación chantadina Polamiúda organiza este sábado, 11 de abril, unha acción irmandada co Festival de Cans e que se enmarca dentro dos preparativos da próxima edición do festival Polas Bravas, que regresará a Chantada no mes de xuño.

O evento consistirá na proxección da curta de presentación do Festival de Cans, que se celebra esta fin de semana, titulada ‘Agro Glamour XXI’, de Javier Sobrado, así como de dúas pezas con perspectiva feminista: ‘Mariví, na pel da memoria’, dirixida por Iria e Coral Piñeiro, e ‘Anatomía dunha serea’, de Adriana Páramo, con Iria Pinheiro, que tamén participa como protagonista.

As directoras das curtametraxes estarán presentes na cita, participando nun coloquio co público ao remate das proxeccións. A actividade terá lugar ás 18.30 horas no Auditorio Municipal de Chantada.

0.12169504165649