Pili Pampín amenizou a XXI Festa das Avoas e dos Avós de Sober

RibeiraSacraXa
Pili Pampín amenizou a XXI Festa das Avoas e dos Avós de Sober na que participaron 350 persoas entre maiores e acompañantes
Festa dos Avós Sober
6 Xuño 2023

Preto de 350 persoas participaron na XXI Festa das Avoas e dos Avós organizada polo Concello de Sober, que levaba sen celebrarse desde o 2019, e na que actuou Pili Pampín.

Durante a xornada, os maiores e non tan maiores do Concello, compartiron unha comida, bailaron ao son da música e recibiron máis de 100 agasallos no sorteo organizado.

O máis relevante da cita foi o momento no que os doce maiores de 90 anos censados no Concello de Sober recibiron un obsequio especial de mans do alcalde electo, Luis Fernández Guitián.

0.1177670955658