Peitoescuro actúa este domingo na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Será na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, onde tamén estará dispoñible o Mercado Circular de Nadal
peitoescuroo-brollon
27 Dec 2025

Este domingo, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón acollerá un concerto de Peitoescuro, que interpretará temas do seu álbum debut ‘Semente na Fenda’.

O proxecto musical está inspirado nas terras do Courel e da Ribeira Sacra, e baséase na tradición folclórica ibérica.

Antes do concerto, no mesmo espazo, poderase visitar o Mercado Circular de Nadal, onde se ofrecerán produtos locais, viño da zona, artesanía e artigos de segunda man.

⚙ Configurar cookies
0.085040092468262