Pechan unha semana a Casa da Cultura e a Biblioteca de Monforte

RibeiraSacraXa
O Concello anunciou que pecharán do luns 22 ao venres 26 por obras de reforma no cableado de ambas as dúas instalacións
casa cultura monforte
19 Feb 2021

O Concello de Monforte vén de informar de que tanto a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro como a Biblioteca Municipal permanecerán pechadas desde o luns 22 ata o venres 26 de febreiro.

O motivo do peche é a realización das obras de reforma do cableado e mellora da instalación de acceso á internet que se levarán a cabo durante os referidos días nesas instalacións municipais.

0.050366163253784