Pechan hoxe os parques de bombeiros de Vilalba e Chantada por falta de efectivos

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo tivo que pechar de novo dous parques durante a xornada de hoxe.
bombeiros ges emerxencias2
29 Dec 2023

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo tivo que pechar de novo dous parques durante a xornada de hoxe.

Segundo explicaron, dos tres efectivos que son necesarios nos parques de bombeiros para dar cumprimento aos servizos mínimos, este venres só se presentaron a traballar dous efectivos no parque de Barreiros, un efectivo no parque de Chantada e outro no de Vilalba.

Avisados mediante comunicación certificada os retén designados no cuadrante para os diferentes parques, tampouco se presentaron. O Consorcio intentou facer mobilidade dende outras bases, pero non foi posible porque todas cubren os servizos mínimos.

Ante esta situación, o Consorcio decidiu reubicar ao efectivo de Vilalba no parque de Barreiros, e ao de Chantada no de Monforte de Lemos, desde onde se atenderán as posibles incidencias.

Os parques de bombeiros de Vilalba e Chantada non prestarán servizo ata mañá as 9:00  horas.

0.048241138458252