Pecha o PAI de Sober polo positivo dunha traballadora

O Concello de Sober vén de pechar o Punto de Atención á Infancia polo positivo en covid-19 dunha traballadora. Agora estánselles a realizar as probas PCR a todo o profesorado e alumnado do centro, que se manterá pechado durante o prazo de 10 días por precaución.
Dende o Concello de Sober confirman que "tanto o persoal como os 15 alumnos que estes días asistiron ao PAI están en corentena e á espera da proba" e lembran a importancia de extremar as precaucións e cumprir coas medidas sanitarias en vigor para evitar novos contaxios.