Participa nesta ruta polo carballedo máis pantonés organizada por Segredos de Pantón
O sábado 20 de agosto a asociación cultural Segredos de Pantón, dentro do programa Cultiva Cultura 2022, levará a cabo unha ruta polo carballedo máis pantonés onde colaborarán de forma conxunta coa asociación de veciños O Bubaíño de Castro.
Percorrerán as zonas de A Grixoá, Paradela e as fermosas igrexas románicas de Santo Estevo de Chouzán e San Martiño da Cova.
O prezo desta andaina será de 2 euros por persoa, unha actividade para tódolos públicos na que os que queiran participar, poden inscribirse xa por teléfono ou whatsapp (662 669 223 - Lucas Vázquez), por facebook ou instagram e tamén por correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com.
Segredos de Pantón ten previsto realizar tamén outros roteiros para o mes de setembro, un polas parroquias de Serode, Deade e San Fiz de Cangas e outro pola contorna de Pesqueiras.