Participa esta tarde no espectáculo Xogar e aprender en galego mola, en Monforte

RibeiraSacraXa
Participa esta tarde ás 18.00 horas no espectáculo familiar Xogar e aprender en galego mola, en Monforte de Lemos
xogar aprender en galego portada
22 Nov 2022

O Concello de Monforte organiza esta tarde ás 18.00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o espectáculo Xogar e aprender en galego mola de Deza Music.

Trátase dunha actividade deseñada dentro da programación da Rede Galega de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia de 2022 que conta coa colaboración e coordinación do Concello de Monforte de Lemos.

É un espectáculo gratuíto dirixido a un público infantil e familiar de carácter participativo, que inclúe música, xogos, concursos e moita diversión.

O Concello de Monforte e Deza Music realizan esta actividade co obxectivo de promover o uso da lingua galega, e forma parte do proxecto cultural TeCe redes en galego do Fondo Xacobeo 2021-2022 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

xogar aprender en galego

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18751621246338