Paradaseca celebrara as súas festas esta fin de semana cunha pancetada e moita música
RibeiraSacraXa
O prato forte será a actuación da orquestra Alianza, o sábado pola noite

24 Apr 2025
A parroquia de Paradaseca, no concello de Quiroga, celebra esta fin de semana as súas festas en honra a San Marcos.
As celebracións comezarán mañá, venres 25 de abril, cunha gran pancetada á 21.00 horas seguida dunha verbena amenizada polos DJ’s Adri Díaz e Mavi.
O sábado, 26 de abril, ás 13.00 horas, haberá unha misa solemne seguida dunha sesión vermú. Xa pola tarde-noite, a festa continuará coa orquestra Alianza. No descanso actuarán de novo os DJ’s Adri Díaz e Mavi e haberá pinchos variados na carpa.