Papá Noel visitará esta tarde aos nenos e nenas de Taboada
RibeiraSacraXa
Estará ás 17:00 horas na Alameda

24 Dec 2025
O Concello de Taboada informa que, un ano máis, Papá Noel estará presente na vila este 24 de decembro. Será na Alameda, onde atenderá aos máis pequenos e pequenas para escoitar os seus desexos de Nadal a partir das 17:00 horas.
Dende o Área de Cultura e Deporte animan a toda a veciñanza a non perder esta cita máxica e familiar.