Pantón xa ten datas para o seu Desfile de Entroido

RibeiraSacraXa
Será o 21 de febreiro polas rúas da vila
Entroido-Pantón
15 Jan 2026

O Concello de Pantón celebrará o seu Entroido o 21 de febreiro cun gran desfile de disfraces que percorrerá as rúas da vila durante a tarde, con chegada á Praza do Concello, onde terá lugar a entrega de premios.

O desfile sairá do CEIP Monte Baliño ás 16:00 horas e, media hora antes, terá lugar a concentración dos participantes. Durante a xornada haberá chocolatada e animación.

A actividade, organizada dende o Concello, conta coa colaboración da Deputación de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.075639009475708