Pantón volverá celebrar a súa Feira do Viño no mes de maio

RibeiraSacraXa
Pantón volverá a celebrar la Feria del vino tras dos años de parón. Será los próximos días 13 y 14 de mayo.
feira viño panton
11 Apr 2022

Tralo parón obrigado pola situación sanitaria, o ano 2022 está marcado pola volta das celebracións e datas especiais en cada un dos concellos da provincia. Nesta ocasión é Pantón o que recupera unha das súas festividades máis especiais, a Feira do Viño que terá lugar os días 14 e 15 de maio.

Nesta data, participarán 8 adegas e volverán a exporse outros produtos da zona. Nas antigas edicións contábase con música, e outro tipo de actividades para completar o programa.

O pan, a carne e o queixo acompañarán ao viño nesta fin de semana.

Este tipo de festividades resalta o valor que ten o sector vitivinícola, o produto da zona e axuda a potenciar o enoturismo. Un turismo que xa se fai notar nestes días con grupos de xente que deciden pasar os fins de semana pola Ribeira Sacra, facendo parada en Pantón.

Outro dos puntos turísticos que están a notar dende o Concello é a potenciación do Camiño de Inverno que está a achegar peregrinos á zona.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17941880226135