Pantón rexistrou esta madrugada un terremoto de 2,9
RibeiraSacraXa
O Instituto Xeográfico Nacional (IXN) detectou durante a madrugada deste domingo un terremoto de 2,9 graos de magnitude con epicentro no municipio lucense de Pantón.
7 Abr 2024
O Instituto Xeográfico Nacional (IXN) detectou durante a madrugada deste domingo un terremoto de 2,9 graos de magnitude con epicentro no municipio lucense de Pantón.
Segundo se recolle na web do IXN, o tremor, de escala de intensidade 3, rexistrouse ás 05,23 horas.
De diferentes modos sentiuse tamén na localidade de Monforte de Lemos, na parroquia de Distriz (Monforte) e nas parroquias de San Martiño de Siós e Cima de Vila, en Pantón.
Neste mesmo concello houbo outro hai uns días de intensidade baixa, 1,7, e o 15 de marzo pasado Sarria tamén foi sacudida por un movemento sísmico, este de intensidad 3,7.