Pantón programa dúas actividades culturais na Casa da Cultura para este venres

Este venres, dentro do programa cultural de verán de Pantón, terán lugar dúas actividades na Casa da Cultura.
O Concello de Pantón, dentro do programa cultural de verán, organiza dúas actividades previstas para este venres, 4 de xullo, na Casa da Cultura.
Ás 20:00 horas, no salón de actos, terá lugar a presentación da reedición do libro ‘Cantigas e Cantos de Pantón’, obra de Manuel María. No acto participarán Alberte Ansede Estraviz, presidente da Fundación Manuel María, e José Manuel Ledo López, exalcalde de Pantón. Durante a presentación, un grupo musical interpretará composicións baseadas en poemas do autor.
Xa pola noite, ás 23:00 horas, o grupo Carta de Ajuste ofrecerá un espectáculo musical con versións de cancións das décadas dos 80 e 90.
A entrada para ambas as actividades será libre e gratuita.