Pantón presenta o cartel da XXXI edición da Mostra de Viños da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
A cita deste ano terá lugar do 8 ao 10 de maio
catel-feira-do-viño-panton-portada
31 Mar 2026

O Concello de Pantón presentou o cartel da XXXI edición da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de maio.

O evento, xa consolidado no calendario, volverá reunir a produtores e público arredor dos viños da Ribeira Sacra durante tres xornadas.

Dende o consistorio avanzan ademais que proximamente se dará a coñecer o cartel da Festa da Empanada, que se celebra coincidindo coa Mostra de Viños, así como o programa completo e a persoa encargada de pronunciar o pregón nesta edición.

0.12697601318359