Pantón presenta o cartel da XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra

O Concello de Pantón celebra os días 9, 10 e 11 de maio a XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. A cita que presentará o seu programa proximamente, vén de dar a coñecer o cartel que anunciará esta 30 edición.
O cartel destaca as tres ribeiras de Pantón, a do Miño, a do Sil e a do Cabe, sendo o único concello da Ribeira Sacra con tres ribeiras. Aparece tamén a Fervenza de Augacaída e unha man suxeita unha copa de viño entre as cepas. “Que a xente saiba que durante a Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón teñen unha cita co viño, pero tamén con todos os atractivos do municipio no patrimonio, na paisaxe, na cultura ou na gastronomía. Queremos que a xente que nos visita estea aquí os tres días da Mostra para coñecer as nosa cultura e a nosa xente”, explica o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, ao referirse ao cartel deste ano.
Esta 30 edición mantén as actividades que funcionan como a Festa da Empanada, “un valor moi conectado coa Mostra do Viño”, como asegura que anuncia novidades. Por unha banda amplíase un día e comézase o venres, 9 de maio, xornada na que se inaugurará a cita que este ano tamén contará con dúas novas propostas ao redor do viño. Unha cata maridaxe e unha experiencia sensorial con viño das que se encargará Vinosacra.