Pantón pon en marcha un concurso de postais e de beléns este Nadal

RibeiraSacraXa
O Concello de Pantón pon en marcha dúas propostas con motivo das festividades que se achegan.
1 Dec 2023

O Concello de Pantón pon en marcha dúas propostas con motivo das festividades que se achegan. Deste xeito, organizan, un ano máis, para toda a veciñanza, asociación e parroquias do Concello o concurso de beléns.

Os traballos realizados deben inscribirse nas oficinas da Casa da Cultura antes do 23 de decembro ou tamén ponde facelo a través do número 982 456 377. Os máis cativos tamén poderán participar no concurso de postais e presentar a súas creacións.

Os interesados deben presentar os traballos tamén na Casa da Cultura antes do sábado 23 de decembro

0.17222809791565