Pantón organiza unha nova charla dentro do ciclo “Por que nos xuntamos os homes?”

RibeiraSacraXa
Será o martes, 3 de febreiro, na Casa da Cultura de Ferreira
xornada-homes-25-n-panton
27 Jan 2026

Tras o éxito das dúas anteriores edicións, o Concello de Pantón organiza unha nova charla de “Por que nos xuntamos os homes?” o vindeiro martes, 3 de febreiro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Ferreira.

A actividade, que só na súa primeira edición reuniu a unha trintena de homes, busca reflexionar sobre a figura do home e o seu papel na sociedade actual.

Durante a sesión, os asistentes poden intercambiar experiencias e opinións para abordar temas como os privilexios, problemáticas e responsabilidades asociadas ao xénero masculino.
Esta iniciativa forma parte da programación organizada con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

⚙ Configurar cookies
0.075342893600464