Pantón organiza un obradoiro infantil de decoración de Nadal con elementos naturais
RibeiraSacraXa
Será este sábado, 13 de decembro, no Centro Sociocultural

10 Dec 2025
O vindeiro 13 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas, o Concello de Pantón celebrará un obradoiro infantil centrado en fomentar un Nadal máis sostible, decorando con materiais naturais.
A actividade terá lugar no Centro Sociocultural e está pensada para nenos e nenas que queiran aprender a decorar de forma respectuosa co medio ambiente. O prezo é de 20 euros por persoa, e está incluído o material necesario para o taller.
As inscricións e a información poden solicitarse no teléfono 646 024 682.