Pantón organiza un obradoiro de defensa persoal para mulleres

O Concello de Pantón, a través da Concellería de Igualdade, organiza un obradoiro de defensa persoal dirixido a mulleres maiores de 16 anos. Esta actividade forma parte do programa con motivo do Día contra a Violencia Machista e busca fomentar a autonomía, a seguridade e o empoderamento feminino.
O obradoiro celebrarase o sábado 27 de decembro de 2025, na Sala de Ximnasia do Concello de Pantón, en horario de 16:00 a 21:00 horas. A participación é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas.
As interesadas poden inscribirse chamando ao 982 45 60 05, extensión 2 (servizos sociais), ou ben a través do correo electrónico servizossociaispanton@gmail.com.