Pantón organiza un novo encontro para reflexionar sobre a figura do home na sociedade actual

RibeiraSacraXa
Despois do éxito da edición anterior, que reuniu a unha trintena de participantes, o Concello organiza un novo encontro este martes baixo o título 'Por que nos xuntamos os homes?' para falar de masculinidades
segundo-encontro-homes-panton
15 Dec 2025

Tras o éxito do encontro de homes celebrado o pasado 18 de novembro na Casa da Cultura de Ferreira, que reuniu a unha trintena de participantes para reflexionar sobre a figura do home e o seu papel na sociedade contemporánea, o Concello de Pantón organiza un novo encontro este martes 16 de decembro, ás .

A actividade, promovida polo departamento de Servizos Sociais do Concello, está pensada como un espazo de encontro e coidado onde os asistentes poden intercambiar inquedanzas, experiencias e opinións. O obxectivo é abordar temas como os privilexios, as problemáticas e as responsabilidades asociadas ao xénero masculino, así como fomentar o compromiso dos homes para avanzar cara a unha igualdade real.

⚙ Configurar cookies
0.081959009170532