Pantón organiza un Festival de Reis para o día 5 de xaneiro
O día 5 de xaneiro é unha data moi especial para os máis pequenos de tódolos fogares. Dende o Concello de Pantón organizan unha xornada de ocio e lecer para que poidan desfrutar deste día cheo de ilusión, maxia e diversión.
A partir das 17.00 horas terá lugar na Praza do Concello o Festival de Reis onde haberá xogos populares e obradoiros de Globoflexia. Ás 18.30 horas os Reis Magos de Oriente chegarán para recibir de maneira individual e gardando as distancias de seguridade, a cada un dos nenos que o desexe no baixo da casa da cultura.
Debido ao aumento de casos da Covid 19 prégase a máxima precaución para que os nenos poida desfrutar a pesar das novas normativas e restricións.
Os máis pequenos terán a oportunidade de entregar en man, as cartas, aos reis de Oriente. Desta forma poderán facer as súas peticións e desexos de maneira persoal a Melchor, Gaspar e Baltasar que contribuirán na creación dun ambiente de festividade.