Pantón organiza a partir de xaneiro un obradoiro de traballo intelectual

O Concello de Pantón porá en marcha, desde o próximo 7 de xaneiro, un obradoiro de traballo intelectual. As sesións desenvolveranse na Casa da Cultura de O Castro de Ferreira, os mércores en horario de 17:00 a 19:00 horas.
As persoas interesadas poden inscribirse directamente na Casa da Cultura, de luns a venres, en horario de mañá e tarde.