Pantón inaugura este sábado a mostra ‘Patitas y punteras’
RibeiraSacraXa
Poderá visitarse na Casa da Cultura ata o 28 de febreiro

8 Feb 2025
Pantón inaugura este sábado a mostra ‘Patitas y punteras’, unha mostra organizada pola fotógrafa Tamara Lebón Sánchez en colaboración coa Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, Fields of Freedom Animal Sanctuary, Adopta Friol e a Protectora de Animais Arume.
A inauguración terá lugar este sábado ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Pantón e poderá verse ata o vindeiro 28 de febreiro.