Pantón homenaxeou a Milagros Pardo descubrindo unha placa co seu nome na Biblioteca Municipal

RibeiraSacraXa
Máis coñecida como Milagritos, esta veciña estivo dende 1950 á fronte deste servizo cultural que agora leva o seu nome
Milagros Pardo
Milagros Pardo
26 May 2025

Pantón homenaxeou este domingo a Milagros Pardo, máis coñecida como Milagritos, descubrindo unha placa co seu nome na Biblioteca Pública Municipal de Pantón, denominada agora Biblioteca Milagros Pardo. Un recoñecemento á labor desta veciña, que estivo dende 1950, cando se inaugurou a biblioteca, á fronte deste servizo cultural.

Despois dunha vida destinada a axudar e colaborar co pobo, onde Milagritos prestou especial atención aos nenos e nenas para espertar neles o interese pola lectura, o Concello de Pantón e un grupo de veciños e veciñas preparáronlle unha homenaxe baixo o título “A memoria entre libros tamén perdura”.

“Sen ter estudos de biblioteconomía, foi unha adiantada ao seu tempo; todo o fondo bibliotecario está organizado a man por ela”, asegurou Javier González, técnico de Cultura en Pantón e un dos veciños promotores da homenaxe.

Un recoñecemento a toda unha vida de traballo e coidado desinteresado por parte desta veciña, que dedicou a maior parte da súa traxectoria a fomentar a lectura entre os pequenos e pequenas da vila.

⚙ Configurar cookies
0.127445936203