Pantón continúa co obradoiro de ‘Técnicas de Traballo Intelectual’

RibeiraSacraXa
O obradoiro desenvólvese os mércores e propón distintos actividades para exercitar a mente
Obradoiro de ‘Técnicas de Traballo Intelectual’, Pantón
Obradoiro de ‘Técnicas de Traballo Intelectual’, Pantón
13 Dec 2024

Pantón continúa co obradoiro de Técnicas de Traballo Intelectual’, unha actividade que se desenvolve os mércores de 17.30 a 19.00 horas e que ten como obxectivo prantexar en cada xornada distintas actividades con dinámicas concretas centradas en exercitar a mente, incrementando paulatinamente a dificultade.

Javier González, técnico de cultura, encargado do taller, explica que o obxectivo é ofrecer aos participantes “algo ao que lle vexan utilidade e sacalos de casa, socializar durante esa hora e media no tempo libre que teñen e traballar aspectos que se foron deixando de exercitar”.

⚙ Configurar cookies
0.31247901916504