Pantón celebrará un desfile de disfraces o 8 de marzo con motivo do Entroido

O Entroido de 2025 comezará en Pantón o día 20 de febreiro coa celebración do Xoves de Compadres, que dará inicio aos festexos. O xoves, 27 de febreiro, será a quenda das Comadres, que protagonizarán a segunda xornada deste Entroido de 2025 en Pantón.
O desfile de comparsas e disfraces será o 8 de marzo a partir das 16.00 horas. Os participantes deberán concentrarse previamente, ás 15.30 horas, fronte ao CEIP Monte Baliño, que será o punto de partida. O desfile percorrerá ás rúas de Pantón ata chegar á Praza do Concello, onde serán entregados os premios. Ademais, ao remate haberá chocolatada e baile con animación musical.
As persoas interesadas en participar tanto no día de Compadres coma no de Comadres poderán facelo anotándose previamente de forma presencial nas oficinas da Casa da Cultura ou ben por teléfono, chamando ao 982 456 377.