Pantón celebrará o vindeiro sábado unha pancetada e magosto popular no Pavillón Municipal

O Concello de Pantón organiza o próximo sábado, 8 de novembro, unha pancetada e magosto popular no Pavillón Municipal, dentro do Plan Deputación de Lugo 2025 de cooperación cos concellos.
A actividade, pensada para promover a convivencia veciñal e celebrar os sabores do outono, comezará ás 18:00 horas e contará coa actuación musical do Dúo Paradise, que amenizará a tarde con música e bo ambiente.
Desde o Concello animan á veciñanza a participar nesta cita, que combina gastronomía tradicional e festa popular, cunha xornada pensada para compartir, conversar e desfrutar dun encontro colectivo arredor das castañas e a panceta.