Pantón celebra un curso sobre herbas máxicas e ungüentos

RibeiraSacraXa
O Concello de Pantón organiza un curso o vindeiro venres 5 de novembro sobre herbas máxicas e fabricación de ungüentos.
concello panton
31 Out 2021

O Concello de Pantón en colaboración co departamento de Medio Ambiente da Deputación de Lugo organiza un curso o vindeiro venres 5 de novembro sobre herbas máxicas e fabricación de ungüentos.

Así pois, realizarase o venres na Casa da Cultura de O Castro de Ferreira, en horario de 16 a 20 horas.

Por outra beira, as prazas son limitadas -tan só hai 13 prazas- polo que é preciso inscribirse no número de teléfono 982 456 377.

0.080306053161621