Pantón celebra o Samaín Familiar 2025 cunha Ruta do Terror

RibeiraSacraXa
Será este venres a partir das 19:00 horas na Praza do Concello
samain-familiar-panton
30 Oct 2025

Este venres, 31 de outubro, Pantón celebrará o Samaín Familiar 2025 cunha divertida Ruta do Terror. A actividade, organizada polo Concello, está pensada para todas as idades e percorrerá os recunchos máis escuros da vila, ofrecendo a grandes e pequenos momentos de emoción e diversión. A xornada rematará cunha merenda “terrortífica” para pechar a tarde cun toque doce e escalofriante.

O evento dará comezo ás 19:00 horas na Praza do Concello, invitando a veciños e visitantes a disfrutar dunha cita de medo en familia.

⚙ Configurar cookies
0.073198080062866