Pantón celebra este sábado o seu tradicional desfile de comparsas e disfraces de Entroido

RibeiraSacraXa
O desfile deste ano promete superar a participación de edicións anteriores, con 50 inscricións rexistradas ata o momento
desfile-comparsas-disfraces-entroido-panton
20 Feb 2026

O Concello de Pantón celebrará este sábado, 21 de febreiro, o seu tradicional desfile de comparsas e disfraces, unha das citas destacadas do Entroido no municipio.

Nesta edición son 50 as inscricións rexistradas entre comparsas e disfraces individuais, unha cifra que fai prever que se superará a participación de anos anteriores, que xa viña sendo elevada.

O desfile comezará ás 16.00 horas na contorna do CEIP Monte Baliño e percorrerá o municipio ata rematar na Praza do Concello. Alí terá lugar a entrega de premios, seguida dunha chocolatada e baile para todas as persoas asistentes.

Como novidade, o desfile estará encabezado este ano polos traxes tradicionais do Entroido de Budián, que abrirán a comitiva e achegarán un compoñente tradicional á celebración.

⚙ Configurar cookies
0.075966119766235