Pantón acollerá unha conferencia sobre Cruz Puente Ordax, veterano de Cuba e exalcalde do municipio

RibeiraSacraXa
Será este venres, 11 de xullo, dentro dos actos da Rota do Románico
Concello-de-Pantón
9 Jul 2025

O salón de actos da Casa da Cultura de Pantón será o escenario, este venres ás 20:00 horas, dunha conferencia dedicada á figura de Don Cruz Puente Ordax, veterano da guerra de Cuba e exalcalde do municipio.

A charla, que se enmarca nas xornadas organizadas dentro dos actos da Rota do Románico de Pantón, correrá a cargo de Sergio Martínez Cotos, politólogo e xenealoxista, quen afondará na vida e traxectoria deste persoeiro clave da historia local.

A actividade está aberta ao público e busca achegar á veciñanza un período relevante da historia contemporánea do concello, así como dar a coñecer a achega de figuras que contribuíron ao desenvolvemento da sociedade pantonesa.

⚙ Configurar cookies
0.16644787788391