Cancelado en Pantón un curso para mellorar as competencias dixitais das persoas maiores

A Casa da Cultura de Pantón ía acoller os días 10 e 11 de novembro, en horario de 17:00 a 19:00 horas, un obradoiro dirixido a persoas maiores de 55 anos co obxectivo de mellorar as súas competencias dixitais. Finalmente a empresa organizadora cancelou a actividade. Dende o Concello piden disculpas polas molestias ocasionadas.
O programa Expertclick está impulsado pola Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.