Pantón acollerá este domingo unha xornada micolóxica

Este domingo, 17 de novembro, Pantón acollerá unha xornada micolóxica que dará comezo ás 9.30 horas no salón de actos do Concello.
A xornada arrancará cunha charla a cargo do micólogo, Saúl de la Peña, e continuará cunha saída ao campo en busca de cogomelos. A actividade rematará ás 14.00 horas cun reparto de pinchos no edificio sociocultural.