Pantón acollerá esta semana un espectáculo de lume dentro do programa do Verán Cultural

RibeiraSacraXa
Será este venres, 11 de xullo, na Praza do Concello
espectaculo-lime-panton
8 Jul 2025

O Concello de Pantón está a desenvolver dende comezos deste mes de xullo a programación do Verán Cultural 2025 que inclúe actividades para todos os públicos e que se estenderá ata agosto.

Para este venres, 11 de xullo, o Concello ten programado un espectáculo de lume “Fire Performance”, que comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello. O seguinte será o día 18, cun concerto do grupo Son de Boleros. As actuacións musicais do mes de xullo pecharanse co concerto do Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebrará o 20 de xullo no Pazo de Ferreiroá.
Xa en agosto, o Concello de Pantón celebrará as súas Festas Patronais do 16 ao 18 de agosto.

Ademais, dende o Concello lembran que do 1 de xullo ao 29 de agosto desenvólvense os Campamentos Infantís de Verán, organizados por quincenas e que contarán coa participación de máis de 70 nenos e nenas. A iniciativa inclúe tamén servizo de madrugadores para facilitar a conciliación familiar.

⚙ Configurar cookies
0.16541814804077