Pantón acollerá a vindeira semana un encontro para pacientes oncolóxicos e familiares

RibeiraSacraXa
A actividade está organiza pola Asociación Española Contra o Cancro e será o vindeiro 24 de maio
Diseño sin título
16 May 2025

O sábado, 24 de maio, de 9.30 horas a 14.00 horas. celebrarase en Pantón un encontro para pacientes oncolóxicos e familiares. A actividade organiza pola Asociación Española Contra o Cancro conta con subvención da Consellería de Política Social e Igualdade

Coa proposta Tecendo redes polo románico do Miño, o encontro concentrará aos participantes no Mosteiro de San Salvador de Ferreira para iniciar a visita en coches particulares, pasando por: Igrexa de San Miguel de Eiré, o Ecomuseo de Arxeriz, San Paio de Diomondi e Santo Estevo de Ribas de Miño.

As prazas son limitadas, sendo necesaria inscrición no 900 100 036 ou 651 043 792. Tamén a través do correo lugo@contraelcancer.es

⚙ Configurar cookies
0.16816020011902