Pantón acollerá a proba Enduro os días 19 e 20
A proba Enduro terá lugar no Concello de Pantón os días 19 e 20 de marzo. O enduro é unha modalidade deportiva de motociclismo que se practica no campo aberto ou cuberto. Nestas carreiras realizaranse percorridos ou etapas establecidas pola organización en tempos establecidos. Entre as etapas pódense atopar probar curtas cronometradas que requiren habilidade, destreza e velocidade sobre a moto.
O día 19 de 12.00 a 16.00 terá lugar o Mini enDuro infantil e as 118.00 as verificacións na Praza do Concello.
O día 20 será o percorrido para os adultos que irá dende a praza do Concello do Castro de Ferreira, pasando polo Balneario Iberik Augasantas, Budián, Pombeiro, Guítara e i Castro de Ferreira. Ás 11.00 horas será a salida do primeiro participante da praza do Concello, ás 16.00 horas prevese a chegada o Campo da Feira e ás 17.00 entregaranse os premios na Praza do Concello.