Pantón acolle a XXII Carreira Popular Rota do Románico Concello de Pantón o vindeiro 26 de maio

RibeiraSacraXa
Por agora, hai cinco persoas que participarán desta carreira
Rota-Románico-Pantón
14 May 2024

O vindeiro 26 de maio celébrase a XXII Carreira Popular Rota do Románico Concello de Pantón, a que xa se poden apuntar as persoas interesadas.

Por agora, hai cinco persoas que participarán desta carreira, na que se percorrerá pantón, polo mosterio das Bernardas (ou cisterciense de Ferreira de Pantón), a igrexa de San Miguel de Eiré, a igrexa de Santo Estevo de Atán, o mosterio de San Vicente de Pombeiro e a igrexa de San Fiz de Cangas.

A carreira comezará ás 12.00 horas, xa que de 09.30 a 11.30 horas entregaranse os dorsais e os chips de cronometraxe na carpa da organización sita diante do edificio sociocultural.

0.17005586624146