Pantón abre un servizo de asesoramento para solicitar axudas polos danos do incendio

RibeiraSacraXa
A oficina empeza a funcionar este venres na planta baixa do centro sociocultural
incendio-panton
3 Oct 2025

O Concello de Pantón conta desde este venres, 3 de outubro, cun punto de asesoramento para as persoas afectadas polo incendio iniciado en Pombeiro o pasado 18 de setembro e que quedou extinguido o día 30, tras queimar 1.805 hectáreas en Pantón e Sober.

Ata o 30 de outubro, as veciñas e veciños afectados poden acceder a un
paquete de axudas para os danos producidos en vivendas, explotacións agro gandeiras, negocios, empresas e concellos.

Para facilitar a cobertura e tramitación das solicitudes o Concello de Pantón habilita este servizo no que se poderán xestionar as axudas de Medio Rural, Medio Ambiente e Vivenda. Ademais, desde o vindeiro martes haberá asesoramento específico para comunidades de montes. O horario de atención é de 9:00 a 14:00 de luns a venres na planta baixa do centro sociocultural.

⚙ Configurar cookies
0.09857702255249