'Palabras', da compañía Baobab teatro represéntase este domingo en Monforte

RibeiraSacraXa
Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Concello de Monforte programa para este domingo 12 de maio ás 18.
11 Maio 2024

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Concello de Monforte programa para este domingo 12 de maio ás 18.00 horas no Edificio Multiusos a posta en escena da obra para público infantil Palabras, da compañía Baobab Teatro.

Coa obra, composta por Andrea Bayer e dirixida por Andrea Bayer e Óscar Ferreira e coa interpretación de Iria Piñeiro, Andrea Bayer e Davide González, o Concello de Monforte remata o seu ciclo de teatro do primeiro semestre deste ano 2024 no que se programaron 8 pezas teatrales.

O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros e de 3 para desempregados, xubilados e estudantes. Sinopse Palabras, é un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos/as da casa onde as palabras e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega, recomendado para nenos/as de 1 a 8 anos.

0.20193099975586